Páxina oficial da Asociación Galega de Empresas Musicáis - AGEM
  Home
 




A Asociación Galega de Empresas Musicáis  (AGEM) nace no ano 2007 para defender os intereses profesionáis das empresas galegas que proveen servicios no ámbito da música ao vivo, incluindo productores, promotores, managers e axentes.

PRINCIPIOS FUNDACIONÁIS

Constitúen o motivo o motivo para que a nosa Asociación se teña constituido, polo que, de seguido, ofrecemos os que son os máis relevantes:

a.- Representar a todos os seus Asociados e desenvolver os seus intereses económicos e a promoción dos seus intereses profesionáis, laboráis, sociáis e culturáis, tanto individuáis como colectivos.

b.- Crear un panel para intercambiar ideas e experiencias en beneficio do exercicio profesión da promoción, produción e distribución de concertos musicáis.

c.- Conseguir e manter unha solidariedade entre promotores, productores e axentes distribuidores de concertos respecto dos seus valores éticos e profesionáis.

d.- Manter o contacto necesario con outras organizacións afíns de calquera ámbito territorial co fin de prestarse mutua colaboración e tamén intercambiar experiencias en materia profesional que redunden no beneficio da Asociación e dos seus asociados. Para ese efecto, establécese como principio programático federarse con outras asociacións que integren a cadea de valor da música, con idéntico ámbito territorial, para a defensa dos intereses comúns.

e.- Negociar e chegar a acordos con diferentes organizacións, Institucións e Administracións Públicas, empresas ou calesqueira persoas físicas ou xurídicas de calquera lugar do mundo con respecto a temas que interesen e/ou afecten aos membros da Asociación no desenvolvemento das súas actividades.

 
   
 
Copyright AGEM. 2008. Todos os dereitos reservados. AGEM é unha asociación empresarial rexistrada na Dirección Xeral de Relacións Laboráis da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis